Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 2 de decembro

11.00 h
No Cersia (San Lázaro), a concelleira de Benestar Social, Paula Prado, fai entrega dos diplomas do plan de formación 2011 do Programa Acceder, xunto coa directora territorial da Fundación Secretariado Xitano, Eva Vera Ledo.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Xosé A. Sánchez Bugallo, sobre asuntos de carácter local.

12.30 h
Na Praza da Quintana, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Deportes, Adrián Varela, sobre a Pista de Xeo.

12.45 h
No IES Antón Fraguas (Fontiñas), o concelleiro de Cultura, Ángel Currás, asiste co cantante de Maldita Nerea, Jorge Ruíz, ao encontro-coloquio con estudantes.

19.30 h
Na Praza da Quintana, o concelleiro de Deportes e Xuventude, Adrián Varela, inaugura a Pista de Xeo.

20.00 h
No Centro Sociocultural das Fontiñas, o concelleiro de Centros Socioculturais, Francisco Noya, inaugura a exposición "NYC maNY faCes, maNY plaCes", de Niti Laíño.

20.15 h
No Teatro Principal, presentación e comezo do Maratón co que se pecha Cineuropa 2011.

21.00 h
No Multiúsos Fontes do Sar, concerto de Maldita Nerea, coa participación de Lagarto Amarillo e Funambulista.

Toda a programación de Cineuropa en http://cineuropa.compostelacultura.org

Compartir: