Previsións informativas para o luns 5 de outubro
10.45 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, para presentar o festival Galicreques. Na rolda tamén estarán Xurxo Couto, deputado de Cultura na Deputación da Coruña; Jacobo Sutil, director de AGADIC e Jorge Rey, director do Festival Galicreques.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal
11.15 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo; o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso; e o vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo, Alfonso Rueda; asinan un convenio de colaboración para a adquisición de varios vehículos de emerxencias.
SÓ GRÁFICOS. Ao remate da firma haberá declaracións aos medios.
12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro-secretario da Xunta de Goberno local, Sindo Guinarte, para dar conta dos asuntos tratados na última sesión.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.
13.30 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, reúnese coa Fundación Santiago Centro.