Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)
Previsións informativas para o mércores 9 de xaneiro
12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira Marta Lois, para presentar o programa "Cinema na escola". Na rolda estará Xan Gómez, de Numax.
20.00 h
No edificio Quercus, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste ao acto de entrega do VI Premio de Excelencia Empresarial a José Castro Suárez.