Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 10 de abril

11.00 h
No Auditorio de Galicia, concerto didáctico coa Banda Municipal de Música 'Imos á Banda'. Concerto centrado no bandoneón a través da música do arxentino Alejandro Szabo, solista do concerto.

11.00 h
No Salón Nobre, a concelleira de Educación, María Castelao, recibe un grupo de 28 alumnos do Collège Jean Rostand, de Tartas-Aquitania (Francia), que están a realizar un intercambio co IES Eduardo Pondal.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Festas, Francisco Noya, para presentar o avance das Festas da Ascensión 2013.

12.00 h
No Ensanche, a concelleira de Obras e Infraestruturas, María Pardo, visita as obras do parque de Ramírez.

14.00 h
En Benestar Social (Galeras), a concelleira de Benestar Social, María Castelao, reúnese coa Asociación de Celíacos.

19.30 h
No salón de actos da Real Sociedade Económica de Amigos do País (praza de Salvador Parga), o alcalde compostelán, Ángel Currás, presenta o libro "A cámara agrícola e pecuaria de Santiago (1903-1929)", de Antonio Míguez e Miguel Cabo, coeditado polo Consorcio e Sotelo Blanco Edicións.

19.30 h
No Centro sociocultural das Fontiñas, actuación do grupo de teatro do Local Sociocultural da Rocha. Esta actividade busca o intercambio de experiencias e a visiblización dos traballos dos grupos de teatro xurdidos nos centros socioculturais, ao amparo dos clubs de teatro regulares, que funcionan durante todo o curso sociocultural e que son promovidos polo Concello.

Compartir: