Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 7 de xuño

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
No Colexio Maior San Agustín, a concelleira de Benestar Social, Paula Prado, asiste á clausura do curso das Aulas da Terceira Idade.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Economía e Comercio, Reyes Leis, e do Director Xeral de DNET, Manuel Montes, para presentar o proxecto piloto pioneiro no mundo contra a falsificación mediante a tecnoloxía TAGTUM.

12.30 h
Na Casa do Concello, a voceira adxunta da Xunta de Goberno Local, Reyes Leis, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión.

12.45 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Deportes, Adrián Varela, sobre asuntos da súa área.

17.30 h
Na Galería Sargadelos, a concelleira de Educación, Rebeca Domínguez, inaugura a exposición "Un mundo de posibilidades", realizada a partir dos traballos dos nenos e nenas das escolas infantís municipais.

19.00 h
No Salón Vermello, recepción ás participantes no encontro do programa Europe Alive.

19.30 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Ángel Currás, recibe a presidenta da Asociación do Traxe Galego, Rita Miramontes.

19.30 h
Na Praza das Praterías, concerto da Banda Municipal de Música, dirixida por Xosé Carlos Seráns.

20.30 h
No Auditorio de Galicia (Sala Mozart), concerto de Pamina Trío co que se clausura o ciclo 'Música de Cámara'.

21.00 h
No Teatro Principal, Ariel Rot presenta o seu novo disco 'Solo Rot' no seu único concerto en Galicia, dentro do ciclo 'Íntimo&Acústico'.

Compartir: