Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o sábado 2 de xuño

12.30 h
No pavillón de Santa Isabel, o concelleiro de Deportes, Adrián Varela, asiste á xornada final da Liga de deporte de base de loitas olímpicas.

13.00 h
No Colexio La Salle, os concelleiros Paula Prado e Albino Vázquez asisten ao acto inaugural da Xornada de familias de persoas con discapacidade intelectual 2012.

19.30 h
No estadio municipal de San Lázaro, o concelleiro de Deportes, Adrián Varela, asiste ao partido do campionato de rexional preferente da SD Compostela.

19.30 h
Na Igrexa da Universidade, concerto de órgano, conxunto coral e guitarras dentro do Festival Euro-Vía. Obras para dúas e catro guitarras e órgano de Bach, Rodrigo, Hakim e outros interpretadas polo Dúo Gruber&Maklar / Amadeus Guitar Dúo, o Coro xuvenil de Landsberg a. L. (Directora Marianne Lösch) e Jürgen Geiger, órgano.

20.00 h
No Teatro Principal, a concelleira de Benestar Social, Paula Prado, asiste ao concerto benéfico con motivo do XXV Aniversario da Tuna da Facultade de Dereito.

Letras Galegas
12.00 h. Local Sociocultural de Figueiras. O conto viaxeiro

Compartir: