Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o luns 11 de xuño

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Centros Socioculturais e Participación Cidadá, Francisco Noya, para presentar Vive o verán 2012.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde compostelán e presidente do Consorcio, Ángel Currás, e do director asociado da Escola de Altos Estudos Musicais, Maximino Zumalave, para presentar o programa 'A Escola na Cidade' a través do cal os alumnos e alumnas da Escola de Altos Estudos Musicais darán concertos en varios lugares da cidade.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Familia, Benestar Social, Muller e Emprego, Paula Prado, sobre asuntos da súa área.

Compartir: