Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 5 de decembro

9.00 h
Na Alcaldía, o alcalde compostelán, Ángel Currás, recibe o presidente da Fundación Santiago Centro, José María Fernández, e a José Luis Pintos, membro da Fundación. Mandarase nota.

10.45 h
Na Delegación do Goberno na Coruña, o alcalde compostelán, Ángel Currás, asiste ao acto de conmemoración do 34º Aniversario da Constitución.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA dos representantes sindicais no Concello.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Persoal e Réxime Interior, Amelia González.

11.45 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Normalización Lingüística, Rebeca Domínguez, para presentar o concurso "Carta aos Reis Magos".

12.00 h
Na Casa do Concello, a voceira da Xunta de Goberno Local, Paula Prado, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión. Tamén asiste o concelleiro de Centros Socioculturais, Francisco Noya.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Comercio, Reyes Leis, para presentar o concurso de "Beléns e ambientación de Nadal".

17.00 h
Na Alameda, o alcalde compostelán, Ángel Currás, inaugura a pista de xeo. A partir das 17.00 h, Xornada de portas abertas.

19.00 h
Na Casa do Concello, recepción aos participantes no XVIII Campionato de España de Dominó por Equipos Trofeo Gaes.

20.00 e 22.00 h
No Teatro Principal, debut en Galicia de David Guapo con 'Que no nos frunjan la fiesta' dentro do ciclo Falabaratos.

Compartir: