Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o luns 26 de setembro

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Tráfico e Mobilidade, Albino Vázquez, sobre asuntos da súa área.

12.30 h
Na Casa do Concello, a voceira da Xunta de Goberno Local, Paula Prado, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión.

13.00 h
En San Lázaro (edificio do Cersia), o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, inaugura a Aula Multimedia do Cersia, incluída na Rede CeMIT (Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica).

17.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, recibe a viúva de Fernando Múgica, María Pilar de las Heras.

18.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, reúnese coa xerente da Praza de Abastos, Marta Rey, e o presidente da cooperativa da praza, José Fernández.

20.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, reúnese co presidente de Acotés, Antonio Pérez Casas, e membros da xunta directiva.

Compartir: