Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 23 de setembro

11.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, recibe o director executivo da Federación Española de Bebidas Espirituosas, Bosco Torremocha de la Rasilla.

11.30 h
No Museo da Catedral de Santiago (entrada pola praza do Obradoiro), o alcalde e presidente do Consorcio de Santiago, Xerardo Conde Roa, realiza unha visita ao Museo da Catedral que reabre as súas portas logo duns importantes traballos de remodelación, enmarcados no programa do 800 Aniversario da Catedral de Santiago. Asistentes:
Xerardo Conde Roa, Alcalde e Presidente do Consorcio de Santiago.
Xosé Manuel Villanueva Prieto, Xerente do Consorcio de Santiago.
José María Díaz Fernández, Deán da Catedral de Santiago.
Daniel Lorenzo Santos, Cóengo Presidente da Comisión de Cultura da Catedral.
Ramón Yzquierdo Peiró, Director do Museo da Catedral de Santiago.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Xosé A. Sánchez Bugallo, sobre asuntos de carácter local.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Facenda e Orzamentos, Cecilia Sierra, sobre asuntos da súa área.

13.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira do grupo municipal socialista, Marta Álvarez-Santullano, sobre asuntos de carácter local.

18.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, recibe o presidente da Asociación de Escavadores de Galicia, Manuel Espiño Mejuto.

VII Semana Cultural da Rocha
No Centro sociocultural da Rocha,
16.00 h Retrátate 10 imaxes para unha exposición
18.30 h Talleres de informática: retratos de decorado
20.00 h GRUPO DE TEATRO DA ROCHA representa Bienvenido Mr. Cajapouco, dirixida por Antonio Ferrari.

Compartir: