Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 22 de setembro

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro do grupo municipal socialista Francisco Reyes sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA dos concelleiros de Participación Cidadá, Francisco Noya, e de Urbanismo, María Pardo, para explicar o Plan de Axudas para a Rehabilitación de Vivendas no Camiño de Santiago.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, e da deputada Ana Pontón sobre asuntos de carácter local.

13.15 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Mobilidade e Tráfico, Albino Vázquez, sobre asuntos de carácter local.

18.00 h
No Auditorio de Galicia, o concelleiro de Educación, Ángel Currás, reúnese cos directores dos colexios públicos de educación infantil e primaria de Santiago, dentro das conversas iniciadas coas Anpas sobre asuntos de interese educativo.

19.30 h
Na Rúa do Vilar, concerto da Banda Municipal de Música dirixida por Xosé Carlos Seráns.

21.00 h
Na Casa das Asociacións de Cornes, os concelleiros de Participación Cidadá, Francisco Noya, e de Urbanismo, María Pardo, reúnense coas asociacións de veciños do ámbito do Camiño de Santiago para falar sobre o Plan de Axudas para a Rehabilitación de Vivendas no Camiño de Santiago.

21.00 h
No Teatro Principal, concerto de Anna Grevelius, mezzosoprano; Philip Smith, barítono; e Roger Vignoles, piano, dentro do XII Ciclo de Lied.
VII Semana Cultural da Rocha
No Centro sociocultural da Rocha,
16.00 h Retrátate 10 imaxes para unha exposición
18.00 h talleres de xogos populares e inventos
20.30 h HISTORIA DO PSIQUIÁTRICO DE CONXO
Charla con Fernando J. P. Ponte Hernando, doutor e ex-xerente do psiquiátrico de conxo. Organiza a Asociación Cultural "Rocha Forte".

Compartir: