Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o luns 19 de setembro

9.00 h
No Hostal dos Reis Católicos, almorzo informativo do "Fórum Europa. Tribuna Galicia", co alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, presentado polo presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA de presentación da I Concentración de Vehículos Históricos "Compostela Monumental". Asiste o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, o presidente do Automóbil Club de Galicia, Juan Carlos Pérez, e o presidente de Compostela Monumental, José Manuel Bello.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Participación Cidadá e Centros Socioculturais, Francisco Noya, para presentar a VII Semana Cultural da Rocha.

13.00 h
Na Casa do Concello, a voceira da Xunta de Goberno Local, Paula Prado, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión.

19.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, reúnese co presidente da Fundación Down Compostela, Juan Martínez, e co secretario, Xaime López.

Compartir: