Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o luns 22 de agosto

12.00 h.
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, recibe o ex-alcalde de Santiago Xerardo Estevez.

12.30 h
Na Casa do Concello, a voceira da Xunta de Goberno Local, Paula Prado, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión.

FESTIVAL DOS ABRAZOS
18.00 h. No paseo central da Alameda, Tanxarina presenta Trogloditas. Infantil/Familiar. A partir de 5 anos_Galicia.
20.00 h. Na rúa Tras Salomé, concerto de Es un Árbol dentro do Feito a Man. Música_Galicia.
22.00 h. En San Paio de Antealtares, concerto de Coralie Yap-Chine Quartet, que presentan Estival dentro do Feito a Man. Jazz_Francia, Galicia.

Compartir: