Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 7de xullo

9.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, reúnese co presidente do Club Financeiro de Santiago, Roberto Pereira Costa.

10.30 h
Na Casa do Concello, reunión da Xunta de Voceiros (SÓ GRÁFICOS).

18.30 h.
Pleno extraordinario
Na Casa do Concello, sesión extraordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
1. Proposta sobre a periodicidade das sesións do Pleno da Corporación.
2. Proposta sobre creación e composición das Comisións de informe, estudio e proposta, de carácter permanente e especial.
3. Fixación do número, retribucións e características do persoal eventual.
4. Réxime de indemnizacións e dedicacións exclusivas dos membros da Corporación.
5. Nomeamento de representantes en organismos supramunicipais, organismos autónomos, fundacións, empresas públicas, sociedades mixtas e consellos sectoriais de actuación municipal.
6. Dar conta da constitución dos grupos políticos municipais.
7. Dar conta de resolucións da Alcaldía en materia de delegacións.

Compartir: