Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 28 de xullo

12.00 h
Na Escola de Altos Estudos Musicais de Galicia (Parque de Vista Alegre, Santiago de Compostela), sinatura de convenio entre a Universidade e o Consorcio de Santiago para a vinculación da Escola de Altos Estudos Musicais á USC. ASISTENTES:
Xerardo Conde Roa, Alcalde e Presidente do Consorcio de Santiago
Juan Casares Long, Reitor da Universidade de Santiago
Xosé Manuel Villanueva Prieto, Xerente do Consorcio de Santiago

13.15 h
No Salón Verde da Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, e o secretario xeral de Emigración, Santiago Camba, asinan un convenio de colaboración para financiar a Oficina Municipal de Atención ao Inmigrante.

13.30 h
Na Fundación Eugenio Granel, a directora da Fundación, Natalia Fernández Segarra, e o concelleiro de Cultura do Concello de Santiago, Ángel Currás Fernández, inauguran un novo espazo: A SALA LUCERNARIO.

14.00 h
Na Casa do Concello, Consello de Administración de Emuvissa.

18.30 h.
Pleno ordinario
Na Casa do Concello, sesión ordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
1. Aprobación, se procede, de actas de sesións anteriores.
2. Ratificar e dar conta de Decreto de nomeamento de persoal eventual para o grupo municipal do BNG.
3. Dar conta de documento complementario da constitución do grupo municipal socialista.
4. Dar conta de acordo da Xunta de Goberno Local de 3 de maio de 2011, relativo á solicitude de subvención á Xunta de Galicia, ao abeiro da Orde de 3 de marzo de 2011, pola que se regulan as bases para a concesión de subvencións.
5. Dar conta de Resolucións da Alcaldía de dedicacións exclusivas, de delegación de competencias en concelleiros/as, e de nomeamento de persoal eventual.
6. Dar conta de resolucións da Alcaldía, das concellarías delegadas e acordos da Xunta de Goberno Local.
7. Rogos e preguntas.
8. Toma en consideración de mocións presentadas polos grupos municipais.

FESTAS DO APÓSTOLO 2011

XOVES 28
DÍA DO NENO
15:00 a 23:00h.
Actividade > I Torneo de Pádel Festas do Apóstolo
Pistas de Pádel de Sar
16:00
Actividade > Inchables Acuáticos
Piscinas Fontes do Sar
17:00
Actividade > Animación itinerante
Desde a Praza do Toural á Alameda
18:00h.
Títeres > Cachirulo "Alicia no país das marabillas"
Paseo dos Leóns
a partir das 19:00h.
Actividade > Circuíto de Karts a pedais
Praza Roxa
19:00h.
Actividade > Circo Ludoteca
Praza Roxa
19:30h.
Concerto > Banda Municipal de Música
Rúa do Vilar
20:30h.
XXIII Campionato de Chave masculino e V Feminino
Paseo da Ferradura
21:00h.
Teatro > A Compañía de Blanca Marsillach estrea: LOCA de Elise Varela coa actriz Paloma Mozo
Teatro Principal
Prezos: Butaca, platea e primeira planta: 12 euros
segunda planta: 9 €, anfiteatro: 6 €
22:00h.
Concerto > VETUSTA MORLA
Praza da Quintana
Venda de entradas: 902 43 44 43 e www.novacaixagalicia.es
Prezo venda anticipada:
15 €, o día: 18 €.
Apertura de portas dúas horas antes

Compartir: