Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o luns 18 de xullo

9.00 h
Pleno extraordinario
Na Casa do Concello, sesión extraordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
1. Proposta da Alcaldía para a designación nominal dos conselleiros nas Sociedades Mercantis Municipais, segundo as propostas dos grupos municipais.
2. Designación por parte dos grupos políticos municipais de membros en Comisións de informe, estudio e proposta, de carácter permanente e especial e representantes en organismos supramunicipais, organismos autónomos, fundacións, sociedades mercantis con participación municipal e consellos sectoriais de actuación municipal.

12.30 h
Na Casa do Concello, a voceira da Xunta de Goberno Local, Paula Prado, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión.

17.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, recibe os representantes da Sala Capitol.

19.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, recibe o presidente do Consello Social da Universidade, Manuel Puga Pereiro.

Compartir: