Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 12 de xullo

12.00 h
En Lleida, as concelleiras de Turismo, Reyes Leis, e de Urbanismo, María Pardo, asisten á celebración dos Premios Nacionais do Ministerio de Cultura 2010.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Xosé A. Sánchez Bugallo, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na sede da Deputación (A Coruña), o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, asiste ao acto de constitución da nova corporación provincial.

13.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA dos concelleiros María Castelao e Adrián Varela para presentar un avance das Festas do Apóstolo.

20.00 h
No Paraninfo da Universidade, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, asiste á inauguración dos cursos de verán para estranxeiros.

Compartir: