Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 5 de maio

11.00h.
No Auditorio de Galicia, 'Imos á Banda!', concerto didáctico da Banda Municipal de Música dirixida por Xosé Carlos Seráns.

11.30 h
No Aeroclub, a concelleira de Benestar Social, Mar Martín, visita a mesa recaudatoria da Asociación Española contra o Cancro.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Festas e Xuventude, Xosé Baqueiro, para presentar a final do 4º Certame MÚSICAXOVE’11.

12.15 h
Na Sede do Consorcio de Santiago (Pazo de Vaamonde, Rúa do Vilar, 59), sinatura do acordo polo que Vegalsa-Eroski pasa a ser un dos patrocinadores do 800 Aniversario da Catedral de Santiago. ASISTENTES:
Xosé A. Sánchez Bugallo, Alcalde e Presidente do Consorcio de Santiago
Joaquín González Iglesias, Director Xeral de Vegalsa-Eroski

18.00h.
No CSC de Conxo, 'A xogar!', obradoiro de xogos e xoguetes dentro da programación da Aula de Xogo.

19.00 h
No Pazo de Xelmírez (entrada dende o interior da Catedral de Santiago. Zona do Pórtico da Gloria), presentación do libro A Catedral de Santiago. Beleza e misterio. Asisten:
Xosé A. Sánchez Bugallo, Alcalde e Presidente do Consorcio de Santiago
José María Díaz Fernández, Deán da Catedral de Santiago
Xosé Manuel Villanueva Prieto, Xerente do Consorcio de Santiago
Roberto Varela Fariña, Conselleiro de Cultura da Xunta de Galicia
Francisco Singul Lorenzo, Coordinador da Publicación
Marta Vila Sant, Directora comercial de Lunwerg Editores
Juan Conde Roa, Responsable de Publicacións do Consorcio de Santiago.

19.00h.
No CSC de Conxo, 'Baúl Creativo', dentro do programa de actividades da biblioteca.

21.00h.
No Teatro Principal, Les Slovacks Dance Collective presentan 'Journey Home (Viaxe á casa)' dentro do ciclo SCQ Danza. Coreografía e interpretación de Les Slovacks.

21.00h.
No Auditorio de Galicia, concerto de abono da Real Filharmonía de Galicia dirixida por Christoph König con Gregori Nedobora, violín; Nikolai Velikov, violín; e Simona Kantcheva, piano. .

Compartir: