Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o luns 16 de maio

11.30 h
No túnel do Hórreo, simulacro de emerxencia a cargo dos Bombeiros de Santiago.

19.00 h
Na Biblioteca Pública Anxel Casal, a concelleira de Normalización Lingüística e Participación Cidadá, Guadalupe Rodríguez, asiste á presentación do Xogo de Toponimia do Concello de Santiago "Atopando Compostela" e apertura ao xogo colectivo.

20.00 h
No Teatro Principal, representación da obra premiada na categoría de Educación Primaria dentro da XVI Edición do Certame de Teatro Intercentros, organizado pola Concellería de Educación. A obra seleccionada foi "Romeo e Xulieta para nenos e nenas" do grupo "Sextoá" do CEIP Lamas de Abade.

Compartir: