Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 7 de abril

11.00h
No Auditorio de Galicia, Concerto Didáctico da Banda Municipal de Música baixo o nome 'Imos á Banda!'.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Promoción Económica, Comercio, Emprego e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, para presentar a aplicación móbil da web Turismo de Santiago.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira do grupo municipal popular Paula Prado, sobre asuntos de carácter local.

11.45 h
Na Casa do Concello, a concelleira de Educación, Mercedes Rosón, recibe o grupo que elaborou o traballo seleccionado para participar por Santiago na X edición do programa didáctico "Coñecer as cidades patrimonio". Trátase do realizado por alumnos/as de 2º ESO do IES Rosalía de Castro co título A auga nas cidades patrimonio: Ávila.

12.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibe o ilustrador Roberto Innocenti, que se atopa en Santiago para participar como xurado do IV Premio Internacional Compostela de Álbums Ilustrados.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Circulación Viaria e Seguridade Cidadá, Marta Álvarez-Santullano, sobre asuntos de carácter local.

19.00 h
Na Fundación Caixa Galicia (rúa do Vilar, nº19), encontro co ilustrador Roberto Innocenti (premio Andersen 2008), no marco da XI Campaña Municipal de Animación á Lectura, organizada pola Concellería de Educación do Concello de Santiago e Kalandraka Editora. Presenta: Federico Martín Nebras.

20.00h
"A memoria silenciada. Conxo e Compostela"
No CSC Aurelio Aguirre de Conxo, táboa redonda Os nomes e as voces de Compostela e Conxo con Andrés Domínguez e Luís Pasín e proxección de "Liste, pronunciado Líster" (de Margarita Ledo Andión) dentro do programa "A memoria silenciada. Conxo e Compostela".

21.00 h
No Auditorio de Galicia, concerto de abono da Real Filharmonía de Galicia dirixida por Antoni Ros Marbá e con Carolin Widmann, violín .

Compartir: