Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 6 de abril

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Festas e Xuventude, Xosé Baqueiro, para presentar a Festa da Uña. Na rolda tamén estará un representante da Asociación de Festas e Cultural de San Lázaro.

19.30 h
No Auditorio de Galicia, inauguración da exposición 'Casus Belli+Refutación do contexto' coa presenza dos comisarios, Alberto González-Alegre e Ángel Cerviño; algúns dos artistas; e o director-xerente do Auditorio de Galicia, Paulo Rodríguez.

20.00 h
Na Casa das Asociacións de Cornes, a concelleira de Participación Cidadá, Guadalupe Rodríguez, inaugura a exposición "PINGAS" do artista compostelán Manoel Bonabal. Trátase dunha proposta moi particular na que amosará gravados (xilografía e monotipias) coa temática da chuvia. No acto haberá un recital poético de Iolanda Aldrey. A exposición permanecerá aberta ao público do 6 ao 29 de abril.

20.00 h
A Memoria Silenciada
No CSC de Conxo, conferencia 'Castelao, Compostela e o Seminario de Estudos Galegos' a cargo de Pilar García Negro e proxección de 'Filmando a Castelao' de Antón Reixa e Carlos Larrondo dentro do ciclo 'A memoria silenciada. Conxo e Compostela'.

21.00 h
Teatro en Xira
No Teatro Principal, Teatre Lliure Gràcia presenta 'A gata sobre o tellado de zinc quente' de Tennessee Williams dentro do programa Teatro en Xira.

Compartir: