Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o sábado 16 de abril

12.00 h
Na Praza Roxa, Xogos Populares organizados polo CSCXM do Ensanche.

12.30 h
Na rúa das Casas Reais, presentación da restauración dos RETABLOS DA CAPELA XERAL DE ÁNIMAS, acto que contará coa presenza do alcalde e presidente do Consorcio de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, e do arcebispo de Santiago de Compostela, Julián Barrio Barrio.

19.30 h
No Local Social de Figueiras, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, reúnese coa nova xunta directiva da Asociación de Veciños de Figueiras.

21.00 h
Sons da Diversidade
No Auditorio de Galicia, concerto de Hindi Zahra no que presenta 'Handmade' dentro do ciclo Sons da Diversidade.

Compartir: