Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 12 de abril

9.45 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, reúnese co almirante do arsenal militar de Ferrol, Simón Bolíbar, con motivo da súa marcha a Rota para exercer o cargo de almirante da Flota da Armada.

12.00 h
No Centro de Formación e Cultura de Hostelería Compostela (rúa Salvadas, 29-31), o concelleiro de Promoción Económica e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, xunto cos presidentes da Asociación Hostelería Compostela, visita o proceso de pre-selección das tapas participantes na IV Edición de SANTIAGO(é)TAPAS.
NOTA: os medios poderán tomar imaxes dos estabelecementos que nese momento estean preparando en directo as súas tapas.

12.30 h
Na Casa do Concello, a voceira da Xunta de Goberno Local, Socorro García Conde, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión.

13.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro do grupo municipal popular, Angel Currás, sobre asuntos de carácter local.

20.00 h
No Teatro Principal, concerto dos alumnos do Conservatorio Profesional de Música.

20.30 h
No Centro Sociocultural de Pontepedriña, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, reúnese coa nova xunta directiva da Asociación de Veciños de Pontepedriña.

Compartir: