Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 1 de abril

10.00 h
Na Escola Infantil Trasparlamento, a concelleira de Educación, Mercedes Rosón Ferreiro, participa no obradoiro "Familia de Cores", no marco da XI Campaña Municipal de Animación á Lectura, organizada pola Concellería e Editorial Kalandraka. Trátase dunha intervención plástica nas Escolas Infantís de Compostela coordinada polo ilustrador Pablo Otero "Peixe", autor de álbumes como "Mateo" e "ABCdiario", entre outros, e que ten por obxecto achegar o traballo da ilustración aos mais pequenos.

10.30 h
No CSC das Fontiñas, Os almorzos das Fontiñas dentro do programa da Aula de Informática.

11.00 h
No Auditorio de Galicia, Concerto Didáctico 'A viaxe de Mido' impartido por profesorado do Conservatorio Profesional de Música de Santiago dentro do programa Didáctico da Concellaría de Cultura.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Cultura e Centros Socioculturais, Socorro García Conde, e de Xulio Noia, técnico da Rede de Centros Socioculturais, para presentar o programa 'A memoria silenciada. Conxo e Compostela'.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, sobre asuntos de carácter local.

21.00 h
No Teatro Principal, Teatro do Adro presenta 'Ai, Carmela!' de José Sanchís Sinisterra dirixido por Tito Asorey

Compartir: