Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o luns 7 de marzo

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal popular, Gerardo Conde Roa, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Benestar Social e Igualdade, Mar Martín, para presentar os actos con motivo da celebración do Día Internacional da Muller o 8 de marzo.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Festas e Xuventude, Xosé Baqueiro, para presentar o desfile do martes de Antroido.

14.00 h
En Madrid, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, reúnese co presidente de ADIF, Antonio González.

ANTROIDO 2011

17.00 a 20.00 h.
OBRADOIRO DE MAQUILLAXE, DISFRACES E MÁSCARAS dirixidos por monitores e animación infantil. Animación de rúa.
Praza do Toural

Compartir: