Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 30 de marzo

10.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, preside o Consello de Administración de EMUVISSA.

11.00 h
No centro social de Novacaixagalicia (praza de Cervantes, 17), o concelleiro de Promoción Económica, Comercio, Emprego e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, participa na presentación da memoria da Plataforma polo Emprego 2010.

11.30 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, preside o Consello de Administración de TUSSA.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira do grupo municipal popular, Amelia González, sobre asuntos de carácter local.

19.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, reúnese coa Asociación Cultural e de Festas de San Lázaro.

20.00 h
Na sede da Fundación Caixa Galicia (rúa do Vilar, 19), o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugura a exposición Ruth Matilda Anderson. Unha mirada de antano.

20.30 h
No centro social de Novacaixagalicia, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, preside o acto no que a Mesa de Calidade Turística de Santiago entregará os distintivos SICTED ás 148 empresas e profesionais do sector turístico que aprobaron a evaluación de calidade. Asiste o concelleiro de Promoción Económica, Comercio, Emprego e Turismo, Xosé Manuel Iglesias.

Compartir: