Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 15 de marzo

11.00 h
No Auditorio de Galicia, Concerto Didáctico da Real Filharmonía de Galicia dirixida por Maximino Zumalave baixo o título O século XX mira ao pasado.

12.00 h
Na Cripta Románica da Catedral de Santiago de Compostela (entrada pola praza do Obradoiro), presentación do programa do 800º Aniversario da Catedral de Santiago ASISTENTES:
Xosé A. Sánchez Bugallo, Alcalde e Presidente do Consorcio de Santiago
José María Díaz Fernández, Deán Presidente do Cabildo da Catedral de Santiago
Juana María Lázaro Ruiz, Subsecretaria do Ministerio de Economía e Facenda e Vicepresidenta primeira do Consorcio de Santiago
Roberto Varela Fariña, Conselleiro de Cultura da Xunta de Galicia e Vicepresidente segundo do Consorcio de Santiago
Mercedes Elvira del Palacio Tascón, Subsecretaria do Ministerio de Cultura
Xosé Manuel Villanueva Prieto, Xerente do Consorcio de Santiago

12.30 h
Na Casa do Concello, a voceira da Xunta de Goberno Local, Socorro García Conde, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión.

19.00 h
No Centro Sociocultural do Ensanche, presentación dos dous documentais realizados polos alumnos do curso de Iniciación ao Documental, organizado pola Concellería de Xuventude do Concello de Santiago e impartido por Mr Misto Films. Ás 19 h. os participantes no curso realizarán unha pequena presentación do traballo e a continuación farase un pase das dúas cintas:
"Peregrinos sen retorno", no que os protagonistas son camiñantes que despois de facer o Camiño de Santiago cambiaron a súa vida para quedar a vivir en Compostela.
"Radio Patio", a historia dun banco nun barrio compostelán no que coinciden persoas moi diferentes que se xuntan arredor deste elemento.

20.00 h
No Pazo de Bendaña (praza do Toural), o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugura a exposición "A biblioteca de Granell".

20.00 h
Na Praza de San Miguel 5, baixo, a concelleira de Cultura, Socorro García Conde, inaugura a exposición conmemorativa dos 50 anos do Galo, acto organizado pola Fundación 10 de marzo.

Compartir: