Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 8 de febreiro

11.45 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Festas e Xuventude, Xosé Baqueiro, para presentar o Certame MÚSICAXOVE 2011.

12.15 h
Na Praza do Obradoiro, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, presenta os novos autobuses urbanos.

12.45 h.
Na Casa do Concello, a voceira da Xunta de Goberno Local, Socorro García Conde, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión.

20.00 h
No Centro Social Novacaixagalicia (Praza de Cervantes, Santiago de Compostela), presentación do libro Compostela, de David Pintor. Asistentes:
Xosé A. Sánchez Bugallo, Alcalde e Presidente do Consorcio de Santiago.
Xosé Manuel Villanueva Prieto, Xerente do Consorcio de Santiago.
Xosé Ballesteros, editor de Kalandraka.
David Pintor, ilustrador e autor do libro.
Juan Conde, responsable de publicacións do Consorcio de Santiago.

Compartir: