Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 2 de febreiro

10.00 e 12.00 h
No Auditorio de Galicia, Concerto Didáctico da ópera A cincenta de G. Rossini. Producido polo Gran Teatre del Liceu.

11.15 h
Na sede da Fundación Granell, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste á comisión executiva da devandita fundación. Ás 12.00 h, asiste á xuntanza do padroado.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Educación, Mercedes Rosón, e da directora da zona centro de Aquagest, Paula Piñeiro, para presentar o proxecto educativo Gotagotham.

Compartir: