Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 16 de febreiro

11.00 h
Na rúa García Prieto, 10, o concelleiro de Promoción Económica, Comercio, Emprego e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, comeza o percorrido de entrega das bandas de escaparatismo aos estabelecementos gañadores da Edición de Nadal do VII Concurso Municipal de Escaparatismo "SCQ Shopping". Os horarios son:
11.00 h. Entrega da banda de escaparatismo ao primeiro clasificado no certame: Castelcan. Rúa de García Prieto, 10.
11.25 h.Entrega da banda de escaparatismo ao terceiro clasificado: Seguridade A1. Rúa República Argentina, 29.
11.40 h. Entrega da banda de escaparatismo ao segundo clasificado: Pérez Antolín. Rúa República Argentina, 24.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Cultura, Socorro García Conde, e o director-xerente do Auditorio de Galicia, Paulo Rodríguez, para presentar o ciclo Teatro en Xira.

19.00 h
No Pazo de San Roque, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste ao acto de apertura do curso académico da Real Academia das Ciencias, no que se nomeará académico de honra a Isaac Díaz Pardo.

21.00 h
No Teatro Principal, Ancora produccións presenta Pisados – Botamán de Melide, o home que falaba cos zapatos –, de Gustavo Pernas Cora .

Compartir: