Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 15 de febreiro

11.15 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Medio Ambiente, Elvira Cienfuegos, para presentar o proxecto de remodelación de especies arbóreas e a restauración de beirarrúas nas Fontiñas.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Promoción Económica, Comercio, Emprego e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, para presentar os gañadores do Concurso de Escaparatismo de Nadal.

12.00 h
Na rúa Xeneral Pardiñas (cruce con Montero Ríos), o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, e o concelleiro de Transportes, Carlos Nieves, asisten á posta en marcha do sistema de información do transporte urbano.

12.30 h
Na Casa do Concello, a voceira da Xunta de Goberno Local, Socorro García Conde, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión.

Compartir: