Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 10 de febreiro

10.30 h
No hotel Monumento San Francisco, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste á Asemblea Xeral do Eixo Atlántico. (SÓ GRÁFICOS).

11.00 h
No Auditorio de Galicia, concerto didáctico da Banda Municipal de Música. Xosé Carlos Seráns, director .

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Participación Cidadá, Guadalupe Rodríguez, para presentar o novo programa "Coñecendo o país", que contén 17 novas rutas de sendeirismo e 13 rutas gastronómicas.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Promoción Económica, Comercio, Emprego e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, para presentar o programa "Compostela Activa".

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Educación, Mercedes Rosón, e do director de Xerais, Manuel Bragado, para presentar a XVI edición dos premios literarios Ánxel Casal.

13.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro do grupo municipal popular Ángel Espadas sobre asuntos de carácter local.

13.30 h
No Hotel Monumento San Francisco, o alcalde de Santiago de Compostela, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste ao acto de entrega da Medalla de Ouro do Eixo Atlántico a D. Luis Braga da Cruz, ex–ministro de Economía de Portugal, e a D. Luis García Mañá, comisario xefe Superior da Policía de Galicia.

18.00 h
No Centros sociocultural das Fontiñas, Actividades saudables. Ximnasia: movemento dos animais. .

21.00 h
No Auditorio de Galicia, concerto de abono da Real Filharmonía de Galicia. Frank Peter Zimmermann, director e violín; James Dahlgren, violín; Christina Dominik, óboe .

Compartir: