Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 4 de novembro

11.00 h
Na Cámara de Comercio de Santiago (rúa San Pedro de Mezonzo, 44, baixo), presentación da XII edición do Premio Manuel Beiras. Asisten: Ángel Currás, concelleiro de Cultura, e Jesús Asorey, presidente da Cámara de Comercio de Santiago.

11.30 h.
Na Alameda, inauguración da exposición "ATALANTAR: da cultura rural ao desenvolvemento sostible" a cargo do concelleiro de Educación, Ángel Currás, e Joaquim Corbera, da Editorial Lunwerg. Participarán escolares do CEIP López Ferreiro, IES Rosalía de Castro e do centro de estudos FESAN.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Xosé A. Sánchez Bugallo, sobre asuntos de carácter local.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde da cidade, Xerardo Conde Roa, e do concelleiro de Cultura, Ángel Currás, para presentar a XXV edición de Cineuropa, que se celebra do 9 de novembro ao 2 de decembro. Na rolda estará tamén o director do festival, José Luis Losa.

13.00 h
No Multiúsos Fontes do Sar, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, clausura a I Feira Internacional de Emprego.

16.30 h
Na Escola Municipal de Música de Santiago (rúa Betanzos, 55. A Almáciga), III Xornadas Galegas do Ensino Musical, convocadas pola Asociación do Profesorado de Música de Secundaria de Galicia, ASOMÚSICA, en colaboración coa Escola Municipal de Música de Santiago de Compostela.

19.00 h
No Museo do Pobo Galego, o concelleiro de Cultura, Ángel Currás, inaugura a exposición 'Praga, cidade da música' do fotógrafo Jiri Vsetecka, dentro do festival 'Soños de Chequia'.

20.30 h
Na Casa das Asociacións de Cornes, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, acompañado polo concelleiro de Participación Cidadá, Francisco Noya, presenta os libros "Historia do Concello de Enfesta", "San Paio de Sabugueira. A parroquia compostelá de Lavacolla" e "Santa Cristina de Fecha", a iniciativa da asociación de veciños Ruta Jacobea.

21.00 h
No Teatro Principal, concerto do Zuzana Lapcíková Quinteto baixo o título 'A fusión do jazz e a música popular morava' dentro do festival 'Soños de Chequia'.

23.00 h
No Club Dado Dada, Jam Session con Felipe Villar Trío (anfitrións) e membros do Zuzana Lapcíková Quinteto dentro do festival 'Soños de Chequia'.

Compartir: