Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 18 de novembro

10.45 h
No Cersia (San Lázaro), a concelleira de Familia, Benestar Social, Muller e Emprego, Paula Prado, e a directora xeral de Formación e Colocación, Ana Díaz, participan na apertura do Programa Integrado "Emprego Santiago".

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Benestar Social e Familia, Paula Prado, para presentar os actos con motivo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero.

12.00 h
Na estación de tren (na carpa onde están ubicadas as maquetas), ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Xosé A. Sánchez Bugallo, sobre asuntos de carácter local.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Cultura, Ángel Currás, para presentar a XVII edición do premio de investigación sobre o traxe galego Antón Fraguas.

12.30 h
Na Sede do Consorcio de Santiago (Rúa do Vilar, 59), presentación da recuperación da obra musical do mestre de capela da Catedral de Santiago Melchor López (1759-1822). Asistentes:
Xerardo Conde Roa, alcalde e presidente do Consorcio de Santiago
José María Díaz Fernández, deán da Catedral de Santiago
Xosé Manuel Villanueva Prieto, xerente do Consorcio de Santiago

18.00 h
No Centro Sociocultural do Castiñeiriño, Ciclo de Cine Bélico.

19.00 h
No Salón Teatro, estrea da versión íntegra de 'Contra a morte' e coloquio posterior co público dentro de Cineuropa.

20.00 h
No Teatro Principal, presentación de 'El fabricante de cepillos' e posterior coloquio co público do director do filme, Alberto Yaccelini, dentro de Cineuropa.

Toda a programación en http://cineuropa.compostelacultura.org

Compartir: