Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 5 de outubro

10.30 h
En Fontiñas, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, asiste á inauguración da nova oficina comercial de Aquagest.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira do grupo municipal socialista, Marta Álvarez-Santullano, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Deportes, Adrián Varela, para presentar o Campionato de España de Patinaxe.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Educación, Ángel Currás, para presentar a programación da Escola Municipal de Música.

12.30 h
No Edificio Emprendia (Campus Sur), o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, asiste ao acto de inauguración do Centro Tecnolóxico da Auga CETaqua, presidido polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo. Tamén asisten o presidente executivo de AGBAR, Ángel Simón, e o director xeral de CETaqua, Mariano Gómez.

17.30 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, recibe o presidente de AGBAR, Ángel Simón. (Haberá declaración ao remate).

Galicreques
11.30h. No Teatro Principal, 'Juanito y los Frijoles Mágicos' dentro do XVI Festival Internacional de Títeres, Galicreques.
20.30h. No Teatro Principal, 'O nariz' dentro do XVI Festival Internacional de Títeres, Galicreques.

Compartir: