Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 25 de outubro

10.00 h
En Toledo, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, asina un convenio marco de colaboración co Ministerio de Cultura, dentro dos actos da presidencia de Santiago do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Xuventude, Adrián Varela, para presentar o programa de actividades formativas para a xuventude do último trimestre do ano.

13.00 h
Na Casa do Concello, a voceira da Xunta de Goberno Local, Paula Prado, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión.

20.15 h
No Centro Sociocultural de Conxo, Encontros con CARLOS ABELLÁN RUÍZ. CONFERENCIA Vicisitudes da estación do ferrocarril compostelán: historia, actualidade e futuro. Presenta: José Luis Piñeiro Nóvoa.

20.00 h
En San Pedro de Mezonzo nº39, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, asiste á entrega de medallas do Colexio de Médicos.

20.30 h
Na Cidade da Cultura, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, asiste á recepción do Congreso Nacional de Maxistrados.

20.30 h
No Auditorio de Galicia, proxeccións de curtametraxes da sección 'Panorama Galicia' dentro de +Curtocircuíto.

18.00, 20.00, 22.00 e 23.59h.
No Teatro Principal, proxección de varios filmes dentro do IX Festival internacional de Cine Euroárabe Amal.

Compartir: