Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 21 de outubro

11.30 h
Na Casa do Concello (Salón Verde), o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, asina un convenio con directivos da empresa Laietana sobre a Finca do Espiño (GRÁFICOS). A continuación (Sala de Prensa), ROLDA DE PRENSA.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Xosé A. Sánchez Bugallo, sobre asuntos de carácter local.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

20.00 h
Na Zona "C", inauguración da intervención 'Cal e Canto' do Colectivo Batbirulau. Asisten os membros do colectivo; o concelleiro de Cultura, Ángel Currás; e o director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou.

20.30 h
No Centro Sociocultural de Conxo, Xornadas Micolóxicas. Conferencia impartida por José María Costa Lago, da Asociación Micolóxico-naturalista Pan de Raposo baixo o título "Algúns cogomelos comestíbeis e as súas posibilidades de confusión".

20.30 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, e a concelleira de Mercados, Reyes Leis, reúnense cos gandeiros.

Compartir: