Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o luns 31 de xaneiro

10.00 e 12.00 h
No Auditorio de Galicia, Concerto Didáctico da ópera A cincenta de G. Rossini. Producido polo Gran Teatre del Liceu.

10.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, preside o Consello de Administración de Emuvissa.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Participación Cidadá, Guadalupe Rodríguez, para presentar a guía "Como crear unha asociación".

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Cultura e Centros Socioculturais, Socorro García Conde, para presentar a programación cultural do mes de febreiro.

12.30 h
No Ensanche, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, visita as obras da Escola Infantil de Trasparlamento.

Compartir: