Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 28 de xaneiro

10.00 h
Pleno ordinario
Na Casa do Concello, sesión ordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
1. Aprobación, se procede, de acta de sesión anterior.
2. Toma de coñecemento do documento refundido da modificación da normativa do plan parcial do Polígono Industrial do Tambre.
3. Ampliación de usos na reserva docente DOC-8. Antigo Colexio Ramón Cabanillas.
4. Proposición do grupo municipal do Partido Popular en relación ás medidas a adoptar fronte á contaminación acústica, especial referencia ás zonas contaminadas por acumulación de ruídos.
5. Solicitude de comparecencia, a petición propia, da concelleira dona Guadalupe Rodríguez Silva.
6. Dar conta de sentenzas e persoamentos en recursos contenciosos administrativos.
7. Dar conta de resolucións da Alcaldía, das concellarías delegadas e acordos da Xunta de Goberno Local.
8. Rogos e preguntas.
9. Toma en consideración de mocións presentadas polos grupos municipais.

11.00 h
No Auditorio de Galicia, Concerto Didáctico da Banda Municipal de Música dirixida por Xosé Carlos Seráns.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, sobre asuntos de carácter local.

13.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro do grupo municipal popular, Javier Sánchez-Agustino, sobre asuntos de carácter local.

13.30 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, reúnese co embaixador de Chile en España, Sergio Romero.

20.00 h
No CSC das Fontiñas, Concerto Extraordinario da Banda Municipal de Música dirixida por Xosé Carlos Seráns.

20.00 h
No Salón de Vodas dos Xulgados, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste á festa anual do Colexio de Procuradores.

Compartir: