Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 26 de xaneiro

11.00 h
A concelleira de Medio Ambiente, Elvira Cienfuegos, asiste á apertura do circuíto biosaudable do barrio das Fontiñas. Punto de encontro: rotonda situada entre a rúa Londres e rúa Roma.
NOTA: haberá un vehículo da disposición dos medios de comunicación que sairá ás 10.45 h da Praza do Obradoiro.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA dos concelleiros de Urbanismo, Mercedes Rosón, e de Obras e Infraestruturas, Bernardino Rama, sobre asuntos das súas áreas.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Turismo, Xosé Manuel Iglesias, para valorar os datos turísticos de Santiago no ano 2010.

20.00 h
No Centro Social de Novacaixagalicia (Praza de Cervantes, 17), o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, preside o acto de presentación, con motivo do 50 ANIVERSARIO da publicación de Memorias dun neno labrego, da edición conmemorativa do libro, con ilustracións de Xaquín Marín. Tamén intervirán Víctor F. Freixanes, director de Galaxia, Xesús Alonso Montero, autor do prólogo do libro, e Xosé Neira Vilas, autor.
O actor e director teatral Cándido Pazó fará un breve apuntamento escénico sobre o seu espectáculo baseado nas Memorias dun neno labrego.

Compartir: