Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o luns 21 de xuño

11.00 h
Na Praza do Obradoiro, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, presenta os novos vehículos da Policía Local de Santiago.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, para presentar a conferencia Es un bo/a xefe/a? Coaching para a túa empresa. Na presentación tamén participarán Daniel Ramos, presidente de AJE Marineda (Asociación de Xóvenes Empresarios de A Coruña); e Daniel Álvarez Lamas, licenciado en Economía y especialista en Dirección polo Instituto de Empresa (IESE) e Otto Walter.

12.00 h
Día Europeo da Música
Na Praza do Obradoiro, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste ao Acto Institucional con motivo do Día Europeo da Música, no que se interpretará o Himno á Alegría da 9ª Sinfonía de Bethoven. Organiza a Concellería de Educación.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sustentable, Elvira Cienfuegos, e de Aurora Calviño, de A Horinha da Ponte, para presentar o I Mercado de Verán Entre Lusco e Fusco que se celebra o martes no Parque de Belvís.

13.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA dos concelleiros do grupo municipal popular Paula Prado e Ángel Espadas, sobre asuntos de carácter local.

13.30 h
Na sede da Deputación da Coruña, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asina un convenio de colaboración co presidente da Deputación, Salvador Fernández Moreda.

Día Europeo da Música

16.30-20.00 h
No Casino, "Veladas no Casino": música de cámara a cargo do Conservatorio Profesional de Musica de Santiago, IES Rosalía de Castro e Escola Estudio, dentro das actividades programadas con motivo do Día Europeo da Música. Organiza a Concellería de Educación.
18.00 h
Cuarteto de Corda da Escola Municipal de Música. Praza das Praterias
Orquesta de Grao Elemental e Profesional. Conservatorio Profesional de Música de Santiago. Teatro Principal
Obradoiros musicais para nenos/as. Escola Municipal de Música. Palco da Música no Parque da Alameda
19,00 h
Coro de Adultos e Coro da Escola de Arte Dramático. Conservatorio Profesional de Música. Teatro Principal
19,30 h
Orquesta da Escola Municipal de Música. Praza do Toural
20,00 h
Banda da Escola Municipal de Música. Praza do Toural
20,00 h
Mostra e Exposición do Órgano Ibérico- Escola de Música Bereguela. Capela da Real Cofradía das Ánimas
20,45 h
Banda Elemental e Xuvenil- Conservatorio Profesional de Música. Praza do Toural
21,00 h
Conxunto de Clarinetes da Escola Municipal de Música. Praza das Praterias
21,30 h
Banda profesional do Conservatorio Profesional de Música. Praza do Toural

Compartir: