Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 4 de maio

9.30 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, preside o Consello de Administración de Emuvissa.

10.30 h
No CSC das Fontiñas, Os Almorzos das Fontiñas dentro da programación da Aula de Informática.

10.45 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibe o presidente da ONG MUSOL (Municipios por la Solidaridad), Rafael García Matíes, e a delegada en Santiago, Teresa Carballeira Rivera.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Participación Cidadá, Gudalupe Rodríguez, para presentar a exposición "Guatemala, el sur también cuenta", organizada pola ONG MUSOL (Municipios por la Solidaridad), que abre delegación en Santiago de Compostela. Na rolda tamén estarán a delegada de MUSOL en Galicia, Teresa Carballeira Rivera, e o presidente de MUSOL, Rafael García Matíes.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, Xosé Manuel Iglesias; do presidente de AJE Marinera (Asociación de Jóvenes Empresarios de A Coruña), Daniel Ramos; e do director de Simplemente Avanza e socio delegado de Adalid Inmark, Ramón Diéguez; para presentar a xornada "Un Equipo de Ouro".

11.45 h
Na Aula de Formación do Concello e, a continuación, na praza do Obradoiro, o concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, asiste á presentación do Equipo de Obras e Emprego Urbana Santiago Norte.

12.00 h
No CSC das Fontiñas, Informática de a pé dentro da programación da Aula de Informática.

12.30 h
Na Casa do Concello, a voceira da Xunta de Goberno Local, Socorro García Conde, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión.

13.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal popular, Gerardo Conde Roa, sobre asuntos de carácter local.

13.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, reúnese co Comité Executivo da CEOE (Confederación Española de Organizaciones Empresariales).

18.30 h
No CSC das Fontiñas, Semana da natureza dentro da programación da Aula de Xogo.

Compostela Máxica
10.00h. No Teatro Principal, Maxia escolar con Alan, Mago Rafa e Mago Pablo.
12.00h. No Teatro Principal, Maxia escolar co Mago Richard e Consuelo Lorgia.
13.00h. Na Praza Roxa, Maxia na rúa con Kayto.
13.00h. Na Praza das Praterías, Maxia na rúa con Morrison.
18.00h. No CSC da Trisca, Maxia nos Centros Socioculturais con Alan.
19.00h. Na Praza Roxa, Maxia na rúa con Willy Monroe
19.00h. Na Praza das Praterías, Maxia na rúa con Kayto.
20.30h. No Teatro Principal, Gala Galega de Maxia cos magos Richard, Pablo, Rafa, Teto e Martín Varela, presentada polo Mago Xacobe.
23.00h. No Pub Garoa, Noite Máxica con Morrison.
23.00h. No Pub Deluxe, Noite Máxica co Mago Teto.

Compartir: