Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 26 de maio

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro do grupo municipal popular, Ángel Espadas, sobre asuntos de carácter local.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA das concelleiras de Educación, Mercedes Rosón, e de Benestar Social e Igualdade, Mar Martín, xunto con María Teresa García, representante da Asociación de Celíacos de Galicia, para presentar as actividades que se van realizar con motivo do día Nacional do Celíaco, o xoves 27 de maio.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, para presentar o Boletín sobre o mercado laboral. 2º semestre de 2009.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da portavoz do grupo municipal do BNG, Socorro García Conde, para dar a coñecer as dúas mocións que presentarán no pleno municipal.

13.30 h
Na Casa do Concello, recepción aos membros da Asociación Europea de Ferroviarios, que están a celebrar as Xornadas Europeas na cidade.

13.45 h
En Madrid, no Centro de Convencións Mapfre (Avenida General Perón, 40), o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, participa como ponente na Xornada Territorio e Marketing coa charla "Accións globais de Marketing: o Xacobeo e a Comunicación Eficaz".

19.15 h
Na Casa do Concello, recepción aos participantes na II Asemblea Xeral de Origen España, que se celebra do 26 ao 28 de maio en Santiago e que está organizada pola Indicación Xeográfica Protexida Ternera Gallega e Origen España.

20.15 h
Na Casa do Concello, recepción aos participantes na Conferencia Internacional XII Reunión de Economía Mundial, que se celebra do 26 ao 28 de maio en Santiago e que está organizada pola USC e a Sociedade de Economía Mundial.

VII edición de Curtocircuíto
10.00h. No Teatro Principal, Proxección de Curtametraxes da sección Público Novo de 14 a 18 anos.
10.00h. Na Zona "C", V Mercado Internacional de Curtas. (De 10 a 14h e de 16 a 20h)
11.30h.No Teatro Principal, Proxección de Curtametraxes da sección Público Novo de 14 a 18 anos.
16.00h. Na Facultade de Ciencias da Comunicación da USC, Obradoiro Paleta Gráfica Codeco.
16.30h. No Salón Teatro, Proxección de Curtametraxes da sección Internacional 4.
18.30h. No Teatro Principal, Proxección de Curtametraxes da sección Internacional 5.
18.30h. No Salón Teatro, Proxección de Curtametraxes da sección España 2.
19.00h. Na Aula Sociocultural de Caixa Galicia, proxección de curtametraxes da sección Cuba 2.
19.30h. No Pub Garum, Happy Hour.
20.30h. No Teatro Principal, Proxección de Curtametraxes da sección España 3.
20.30h. No Salón Teatro, Proxección de Curtametraxes da sección Internacionais 3.
21.00h. Na Aula Sociocultural de Caixa Galicia, proxección deVideos Musicais.
22.30h. No Teatro Principal, Proxección de Curtametraxes da sección Internacional 6.
22.30h. No Salón Teatro, Proxección de Curtametraxes da sección España 1.
00.00h. Noite no Ultramarinos

Compartir: