Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 3 de novembro

11.30 h
No Pazo de Fonseca, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste á Firma do Tratado de Compostela, acto presidido polo ministro de Xustiza, Francisco Caamaño, e que contará coa presenza dos ministros de Xustiza de Arxentina, Brasil e Portugal.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Cultura e Centros Socioculturais, Socorro García Conde, e o director-xerente do Auditorio de Galicia, Paulo Rodríguez, para presentar a programación cultural da Concellaría para o mes de novembro.

13.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira do grupo municipal popular, Paula Prado, sobre asuntos de carácter local.

20.00 h
No Paraninfo da Universidade, o alcalde compostelán e presidente do Consorcio, Xosé A. Sánchez Bugallo, presenta o libro "Escritos Jacobeos", de Manuel Díaz y Díaz.

20.00 h
Na Biblioteca do CSC José Saramago de Vite, presentación do libro Relatos desde la Esquina Sur de Daniel Rilo Bonserio.

Compartir: