Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o luns 29 de novembro

8.30 h
No Teatro Principal, pase de prensa da ópera prima de Jonás Truena "Todas las canciones hablan de mi" previo á rolda de prensa que se celebrará co director.

11.30 h
No CGAC, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste á sinatura da escritura de constitución da nova caixa galega.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Participación Cidadá, Guadalupe Rodríguez, para presentar os cursos de cociña tradicional para as asociacións que se van realizar nas aulas da Asociación de Hostelería de Santiago de Compostela e Comarca. Esta actividade está encadrada nos espazos de lecer e participación da programación de inverno 2010-2011.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Cultura, Socorro García Conde; o director de Cineuropa, José Luis Losa; e Jonás Trueba para presentar a ópera prima do director, "Todas las canciones hablan de mi" que se proxecta esta tarde en Cineuropa.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Benestar Social e Igualdade, Mar Martín, sobre asuntos da súa área.

13.30 h
Na sede do Consorcio, o alcalde compostelán e presidente do Consorcio, Xosé A. Sánchez Bugallo, preside a Comisión Executiva da devandita entidade.

19.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, preside a entrega dos Premios Educacompostela.

20.00 h
No Centro Sociocultural do Ensanche, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, reúnese coa asociación de veciños Raigame.

20.00 h
No CSCXM do Ensanche, sesión de adestramento do Obradoiro do Espectador con Chévere, Citizen 2.

Compartir: