Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 2 de novembro

9.30 h
No Palacio de Congresos, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste á inauguración da Convención Nacional de directivos da APD (Asociación Profesional de Directivos).

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro do grupo municipal popular, Albino Vázquez Aldrey, sobre asuntos da súa área.

12.00 h
Na sede da FEGAMP, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste á executiva da devandita entidade.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA das concelleiras de Educación de Santiago, Mercedes Rosón, e de Vigo, Laura López, para presentar os acordos e a axenda do grupo de traballo das sete principais cidades de Galicia sobre "Concellos e Educación".

12.30 h
Na Casa do Concello, a voceira da Xunta de Goberno Local, Socorro García Conde, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión.

17.30 h
Na sede do Consorcio, ROLDA DE PRENSA do alcalde compostelán e presidente do Consorcio, Xosé A. Sánchez Bugallo, para dar a coñecer o fallo do premio Santiago de Compostela de Cooperación Urbana.

18.00 h
No CSC das Fontiñas, Sesión de Cataxogos para nenos e nenas maiores de 5 anos dentro do programa Aula de Xogo.

19.00 h
No CSC das Fontiñas, Sesión de Manualidades para nenos e nenas maiores de 5 anos dentro do programa Aula de Xogo.

20.15 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, reúnese cos ministros de Xustiza de España, Brasil, Arxentina e Portugal.

20.30 h
Na Sala Mozart do Auditorio de Galicia, proxección das curtametraxes dos Premios Goya 2010 dentro da programación de Curtocircuíto.

Compartir: