Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 19 de novembro

9.30 h a 14.00 h
No Centro Sociocultural O Ensanche (Frei Rosendo Salvado 14-16, baixo), Xornada GranxaFamiliar. Da horta á túa mesa cun só click en Internet. Alimentos Tradicionais e Comercio Electrónico, organizada por ADAF (Asociación para o Desenvolvemento da Agricultura Familiar de Galicia) en colaboración coa Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo do Concello de Santiago, e a USC, entre outras entidades.

10.00 h
No Hotel Los Abetos, a concelleira de Benestar Social e Igualdade, Mar Martín, inaugura o "IV Seminario sobre discapacidade intelectual e saúde mental" que organiza Fademga Feaps Galicia coa colaboración do Concello de Santiago. (Achegamos convocatoria).

10.30 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, reúnese co presidente do Seminario Galego de Educación para a Paz, Manuel Dios.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Sanidade, Andrés Fariña, e dun membro da plataforma pola Defensa da Sanidade Pública en Galicia, para dar conta do tratado na reunión que manterán o propio venres pola mañá.

12.00 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, sobre asuntos de carácter local.

13.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira do grupo municipal popular, María Seoane, sobre asuntos de carácter local.

18.30 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste á xuntanza da Comisión Executiva do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España.

20.00 h
Na Casa do Concello, o Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España fai entrega do Premio Cidades Patrimonio 2010 á Fundación Santa María la Real de Aguilar de Campoó, galardón que recollerá o seu presidente, José María Pérez González "Peridis".

20.00 h
No Auditorio de Galicia, IV Certame Galego de Bandas de Música coas bandas da Sección Terceira.

20.30 h
No CSC 'A Trisca' (Corredoira das Fraguas, nº 92), charla sobre San Pedro e Belvís dentro do programa Compostela Conta. A arqueoloxía na Cidade Histórica. Inteveñen: Olga Pedreira, Concelleira da Cidade Histórica; Javier Fernández, Xefe de servizo da OCiHR; Manuela Pérez Mato, arqueóloga.

Compartir: