Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 18 de novembro

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira do grupo municipal popular, Paula Prado, sobre asuntos de carácter local.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Cultura e Centros Socioculturais, Socorro García Conde, e do director-xerente do Auditorio de Galicia, Paulo Rodríguez para presentar o ciclo Sons da Diversidade 2010-2011.

17.00 h
No Teatro Principal, ROLDA DE PRENSA para presentar o filme "Cancións de Pedra" que se proxecta no Teatro principal esta mesma tarde ás 20.00h dentro de Cineuropa. Na rolda participarán o director de Cineuropa, José Luis Losa, o director do filme, Alejandro Goris Míguez, a productora, Susana Martínez e o xerente de Compostela Monumental, José Angel Blanco (a asociación patrocinou o filme).

18.30 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibe o naturalista David Attenborough, que asinará no libro de honra da cidade.

18.30 h
No LSC da Pontepedriña, actuación do contacontos Anxo Moure coa súa Ciclobiblioteca.

19.30 h
No CSC das Fontiñas, charla sobre Cociña saudable e segura dentro do Clube dos Maiores.

20.00 h
No Auditorio de Galicia, o alcalde compostelán e presidente do Consorcio, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste ao acto de entrega do Premio Fonseca de divulgación científica ao naturalista David Attenborough.

20.30 h
No CS 'O Pichel' (Rúa Santa Clara, nº 21), charla sobre a rúa Espírito Santo dentro do programa Compostela Conta. A arqueoloxía na Cidade Histórica. Inteveñen: Olga Pedreira, Concelleira da Cidade Histórica; Javier Fernández, Xefe de servizo da OCiHR; Manuela Pérez Mato, arqueóloga.

CINEUROPA 2010
Toda a información en http://cineuropa.compostelacultura.org

Compartir: