Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 16 de novembro

11.00 h
Na sede da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste á reunión do Comité de Rutas Aéreas.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Cultura, Socorro García Conde e do presidente da Federación Galega de Bandas de Música Populares, Rubén Souto, para presentar o IV Certame Galego de Bandas de Música. Na rolda estarán tamén Antón Alcalde e Juan Eiras, compositores das obras obrigadas no Certame.

12.30 h
Na Casa do Concello, a voceira da Xunta de Goberno Local, Socorro García Conde, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión.

13.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Cultura, Socorro García Conde; o director de Cineuropa, José Luis Losa; e o produtor Luis Miñarro para presentar o Focus: Luis Miñarro, que este ano se lle adica en Cineuropa.

20.30 h
Na Sala Mozart do Auditorio de Galicia, proxección das curtametraxes da sección Cuba Libre dentro de Curtocircuíto.

Cineuropa 2010
Toda a programación en http://cineuropa.compostelacultura.org

Compartir: