Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 21 de outubro

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira do grupo municipal popular, Cecilia Sierra, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Educación, Mercedes Rosón, para presentar a peregrinación "4.004 pasiños", que van realizar os nenos e nenas das escolas infantís municipais de Santiago: As Fontiñas, Conxo, San Roque e Tambre.

13.00 h
No Polígono do Tambre (Vía Edison, 1C), o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste á inauguración do novo centro de servizos centrais e formación de FOREM Santiago (Formación para o Emprego).

19.30 h
No Hostal dos Reis Católicos, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste á recepción ofrecida pola Asemblea xeral de Colexios Médicos oficiais de España.

Compartir: